From 785cf3857e3677825a8f1d104f6b4184b2b486ec Mon Sep 17 00:00:00 2001
From: punkto
A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.
Que imos facer nesta sesión?
En principio, abordaremos a kata Args, que nos quedou pendente.
Procesar os argumentos de liña de comandos é unha tarefa un tanto engorrosa para a que adoitamos recorrer a unha librería da nosa linguaxe de traballo.
Con todo, é un problema realmente interesante, cuxa solución pode darnos pistas para outras problemas similares relacionados co parseo de datos para obter información estruturada.
Que tes que traer
Se podes, trae o teu portátil, preparado cunha contorna no que poidas traballar comodamente na túa linguaxe preferida e con tests, pois preferimos abordar os exercicios con TDD. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10
Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.
Que tes que traer
Esta vez con que veñas é suficiente. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10.
Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
]]> @@ -42,7 +42,7 @@Ademais de fomentar a creatividade e a colaboración entre entusiastas das novas tecnoloxías ou xente que lle gusta realizar proxectos polo simple feito de aprender algo novo, preténdese incentivar e destinar fondos propios ó desenvolvemento de ideas ou proxectos do interese da Comunidade que conforma A Industriosa.
Para iso, a Asociación destinará unha partida económica cunha contía de 3.000 € para a adquisición de materiais ou dispositivos, necesarios para desenvolver os proxectos seleccionados.
Os proxectos deberán ser de índole tecnolóxica e han de ser Open Source e Open Hardware.
Os equipos deberán estar formados por un mínimo de 3 persoas, onde pode haber 1 non socio ou 2 non socios se son menores de idade.
Un mesmo socio pode presentar varios proxectos e/ou ser parte de todos os equipos que desexe.
A contía económica máxima que A Industriosa aportará a cada equipo será de 500 €, pero o proxecto pode ter un orzamento superior se conta cun plan realista para acadar o resto do montante necesario para a súa execución (patrocinador, aportación individual, etc.)
O prazo de presentación de proxectos finalizará o 12 de decembro de 2024, no enderezo info@aindustriosa.org.
O proceso de selección comezará mediante a celebración no local da Asociación dun acto de presentación dos proxectos participantes no que cada un dos interesados disporá de 10 minutos para expoñer e defender a súa idea. Para facilitar a comprensión do proxecto, os equipos deberán axudarse de diapositivas, imaxes, vídeos, ou calquera elemento que consideren.
A data para a celebración do acto de presentación será o día 14 de decembro de 2024.
A partir da celebración do acto de presentación, abrirase un período de votación online de 2 semanas que rematará o 31 de decembro de 2024, no que poderá participar as socias e socios que así o desexen.
A partida orzamentaria repartirase entre os proxectos seleccionados por orde decrecente da puntuación acada na votación, e tendo en conta o orzamento adxunto a cada proxecto ata esgotar o total da contía.
Os equipos serán os encargados de facilitar á directiva o listado dos materiais, coas características, requisitos, empresa distribuidora ou aquilo que facilite a identificación correcta do que se precisa, para que esta faga a adquisición en nome da Asociación.
Descarga as Bases da 3ª Convocatoria de Proxectos A Industriosa
Descarga a Folla de Solicitude
]]>As datas do obradoiro serán o vindeiro martes 26 de novembro, o xoves 12 e o mércores 18 de decembro de 19:00 a 21:00 realizaremos unha serie de obradorios de FreeCAD coa idea de adquirir os coñecementos para manexar con soltura a ferramenta.
Ao final de cada sesión propoñeranse unha serie de exercicios para desenvolver en casa ou no local, e aproveitar durante ese tempo para investigar e aprender a manexar a ferramenta. Non hai que dicir, que no local ou no telegram poderase consultar dúbidas aos demais socios da asociación.
O contido do curso está estructurado en 6 módulos:
Obxetivo: Instalar e coñecer o programa FreeCAD e aprender a moverse na
súa contorna.
Temas a ver:
• Que é FreeCAD? Como instalalo
• Percorrido polas ferramentas principais e a área de traballo.
• Como moverse no espazo 3D: achegarse, afastarse, virar e desprazarse.
• Como gardar e diferentes arquivos que permite exportar.
Práctica: Crear un arquivo novo, axustar a vista e gardar o traballo.
O que se aprenderá: Familiarizaranse con FreeCAD, entendendo como é a súa contorna de traballo e manexando as ferramentas principais, para poder desenvolverse con soltura no programa.
Obxectivo: Descubrir como facer modelos e cambiar facilmente sen ter que volver facelos
desde cero.
Temas a ver:
• Que é o deseño paramétrico e por que é útil.
• Como agregar medidas específicas nos bosquexos para axustar o deseño.
• Modificar as dimensións para actualizar o deseño rapidamente.
Práctica: Crear unha peza sinxela, como unha arandela, axustando as dimensións para ver como cambia o deseño.
O que se aprenderá: Coñecerán como crear deseños que se poidan modificar rapidamente, facéndoos máis versátiles.
Obxectivo: Aprender a unir e ensamblar varias pezas para crear deseños máis
complexos.
Temas a ver:
• Tipos de combinacións: unir, restar e atopar a área en común de dúas pezas.
• Organización de obxectos no espazo de traballo.
• Uso do módulo de ensamblaxe para xuntar varias pezas.
Práctica: Crear unha caixa e unha tapa, e aprender a ensamblalas.
O que se aprenderá: Saberán como unir pezas en FreeCAD, permitíndolles crear
modelos completos formados por varias partes.
Obxectivo: Aprender a crear bosquexos e transformalos en modelos 3D.
Temas a ver:
• Bosquexos (Sketches): Debuxo de liñas, círculos e outras figuras.
• Extrusión: Transformar un bosquexo nun obxecto 3D.
• Movementos básicos: rotar, mover e escalar as formas.
• Importar bosquexos
Práctica: Crear un cubo e unha esfera e practicar como movelas e modificalas. (por definir)
O que se aprenderá: Aprenderán a facer figuras simples en 3D con bosquexos e a manexalas, establecendo unha base sólida para traballar no deseño 3D.
Obxectivo: Consolidar os coñecementos adquiridos no curso e gañar soltura no uso das ferramentas de FreeCAD mediante a creación de varias pezas prácticas.
Temas a ver:
Repaso de ferramentas clave: Sketcher, operacións booleanas, ensamblaxe e exportación.
Aplicación de deseño paramétrico: Axustar e modificar parámetros en pezas.
Exercicios prácticos:
• Peza 1: Crear unha engrenaxe simple utilizando ferramentas de bosquexo e extrusión.
• Peza 2: Deseñar unha abrazadera axustable, usando dimensións paramétricas para cambiar o seu tamaño.
• Peza 3: Crear un soporte en ángulo (por exemplo, para o teléfono) usando operacións booleanas.
• Peza 4: Deseño dunha tapa e base que encaixen entre si, aplicando técnicas de ensamblaxe.
• Peza 5: Un llavero personalizado para reforzar as habilidades de exportación para impresión 3D.
O que se aprenderá: Os estudantes terán a oportunidade de repetir e perfeccionar cada etapa do deseño en FreeCAD, gañando maior confianza e rapidez no uso das ferramentas. Isto permitiralles enfrontarse a novos deseños de forma autónoma e eficiente.
Obxectivo: Preparar o modelo para imprimilo en 3D ou levalo a un lugar de impresión.
Temas a ver:
• Exportar o arquivo en formatos como STL e OBJ (os máis usados en impresión 3D).
• Crear un pdf co noso modelo para imprimir. Alzado, planta e perfil.
• Revisar o modelo nun programa especial para impresión 3D, como Cura.
Práctica: Crear un modelo sinxelo, exportalo en formato STL e revisalo nun programa de impresión 3D.
O que aprenderán: Saberán como preparar os seus deseños para levalos a unha impresora 3D, listos para seren impresos de maneira efectiva.
Para facer a inscripción debedes de cubrir o seguinte formulario (https://forms.gle/VmoK4vvEKeTThPzT8). Inicialmente está pensado para socios da Industriosa, polo que terán preferencia os socios.
Colabora KidCode
A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.
Que imos facer nesta sesión?
En principio, abordaremos un novo exercicio. A kata Args.
Procesar os argumentos de liña de comandos é unha tarefa un tanto engorrosa para a que adoitamos recorrer a unha librería da nosa linguaxe de traballo.
Con todo, é un problema realmente interesante, cuxa solución pode darnos pistas para outras problemas similares relacionados co parseo de datos para obter información estruturada.
Que tes que traer
Se podes, trae o teu portátil, preparado cunha contorna no que poidas traballar comodamente na túa linguaxe preferida e con tests, pois preferimos abordar os exercicios con TDD. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10
Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.
Que tes que traer
Esta vez con que veñas é suficiente. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10.
Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
]]>O evento é gratuito pero é preciso inscribirse a través do correo electrónico bancoreciclaxevigo@galicia.isf.es.
Organizan Enxeñería Sen Fronteiras e Amigas da Terra
Colabora A Industriosa
Cofinanciado Cooperación Galega - Xunta de Galicia - Consellería de Política Social e Igualdade
]]>A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.
Que imos facer nesta sesión?
Seguiremos traballando co exercicio Bank OCR que nos expón uns cuantos problemas interesantes, como parseo e validación, entre outras cousas. Aínda que dependendo das asistentes poderiamos decidir enfrontar outro problema. Quen sabe.
Que tes que traer
Se podes, trae o teu portátil, preparado cunha contorna no que poidas traballar comodamente na túa linguaxe preferida e con tests, pois preferimos abordar os exercicios con TDD. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10
Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.
Que tes que traer
Esta vez con que veñas é suficiente. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10.
Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
]]>Coderetreat é un evento dun día completo para practicar o desenvolvemento de software. Lonxe da presión de “facer as cousas”, as programadoras exploramos e desenvolvemos o noso xeito de crear código aplicando boas técnicas de programación. Traballamos xuntas creando código e compartindo experiencia.
Plantéxase un problema cosa complexidade suficiente para xerar unha aprendizaxe enriquecedora. Construíndo repetidamente unha implementación, engadindo retos adicionais e cambiando frecuentemente compañeiras de traballo, Code Retreat é un marco para a aprendizaxe contínua de como construir mellor o software.
Traballaremos sobre o problema do “Xogo da Vida” de Conway, organizadas en pequenos equipos de dúas ou tres persoas, facendo varias iteracións ó longo do día. En cada iteración voltaremos a empezar de cero, cambiando a composición dos grupos e engadindo novas restriccións.
Esta charla terá lugar o vindeiro sábado 9 de novembro entre as 10:00 e as 17:00 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Organizan A Industriosa e CraftersVigo
Colaboran Qualifyze, Boardfy
]]>A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.
Que imos facer nesta sesión?
Nestas ocasión, traballaremos co exercicio Bank OCR que nos expón uns cuantos problemas interesantes, como parseo e validación, entre outras cousas. E como o exercicio pode ser bastante interesante, nesta ocasión valoraremos se continuar co mesmo nas seguintes sesións.
Que tes que traer
Se podes, trae o teu portátil, preparado cunha contorna no que poidas traballar comodamente na túa linguaxe preferida e con tests, pois preferimos abordar os exercicios con TDD. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10
Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.
Que tes que traer
Esta vez con que veñas é suficiente. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10.
Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
]]>Nesta charla Ana falará das bases da computación cuántica; dos diferentes enfoques, estratexias e desafíos pendentes; das aplicacións das tecnoloxías cuánticas á criptografía postcuántica e da distribución de claves cuánticas; e de como se van abordar estes problemas en ARQA, a Alianza de Centros Tecnolóxicos para a innovación en aplicacións Quantum Computing para a empresa (Rede de Excelencia Cervera) co obxectivo de facilitar a transferencia de coñecemento á empresa.
Ana traballa no ITG Instituto Tecnolóxico de Galicia, onde esta a traballar nas aplicacións de Quantum Computing(ARQA). Ademais antes, Ana estivo ligada a temas relacionados co “Deep Tech”, en lugares como o CETMAR, CITIC ou na universidade da Coruña.
Ana é a segunda vez que presenta na Industriosa, estando moi ligada ao nacemento da Industriosa, colaborando nos seus inicios, ao que estamos moi agradecidos!
Esta charla terá lugar o vindeiro mércores 30 de outubro entre as 19:00 e as 20:30 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
]]>O Fab Academy está dirixido por Neil Gershenfeld, o director do Centro de Bits e Átomos do MIT (o Instituto Tecnolóxico de Massachussets) e principal impulsor desta forma de “facer ‘case’ calquera cousa” aproveitando a potencia da computación e as máquinas controladas por computador, como poden ser as impresoras 3D, as fresadoras CNC (de Control Numérico Computerizado), as cortadoras láser e as de vinilo.
Á que se suman nocións de electrónica e de aprendizaxe dos controladores robóticos tipo Arduino ou Raspberry Pi coas que controlar as súas creacións para destinalas a labores determinados que liquiden calquera problema, ou quizais para unha instalación artística ou controlar a distancia certo tipo de instalacións dentro do que se chama da internet das Cousas.
Con este tipo de máquinas os alumnos do Fab Academy poden prototipar “practicamente calquera invento” e chegar a construír as súas propias máquinas ou dispositivos, xa que o principal motivo do curso é que aprendan a levar a cabo un proxecto e documentar o proceso de realización do mesmo. Conséguese o diploma final do curso, duns seis meses de duración, se se termina o traballo que o alumno presentou.
A formación é perfecta para enxeñeiros de todo tipo, deseñadores de produto e arquitectos, aínda que calquera afeccionado a estas tecnoloxías emerxentes pode matricularse, e realízase en inglés, e é necesario certos coñecementos de electrónica e, sobre todo, estar presente nas clases presenciais por videoconferencias dos mércores, que consisten en presentacións do que leva feito durante o curso; aínda que tamén se pode cursar en remoto.
O Fab Academy ofrece unha formación de altísimo nivel que só se pode obter en España en Barcelona, León, Vigo ou Cartaxena nun sector cunha fortísimas posibilidades emerxentes, xa que é o núcleo do que vén a chamar Industria 4.0. O alumno comprenderá os fundamentos da fabricación dixital, a que se realiza convertendo os bits en átomos, é dicir: a que converte os deseños parametrizados de computador en realidade. Unha forma de fabricar as cousas que será unha das máis valoradas no futuro.
Para matricularse no Fab Academy, é necesario contactar coa Industriosa enviando un correo electrónico á dirección directiva@aindustriosa.org. Para máis informarción do que é esta formación de alta calidade internacional, e os coñecementos que se poden recibir, pódese facer na súa propia web Fabacademy.org
Nesta ocasión Francisco Puga, socio-traballador en iCarto vén falar de MkDocs un xerador de páxinas estáticas en Python.
Nesta charla-taller migraremos en directo un blog de WordPress a Material for MkDocs.
Polo camiño filosofaremos sobre porque ter un blog, discutiremos outras opcións de páxinas estáticas con Python e se nos dá tempo algúns truquillos extra.
O taller é completamente gratuíto, o único que necesitarás será, coñecementos básicos de Python e un portátil. Todo o demais facilitarémoscho unha vez inscríbasche.
Esta segunda sesión terá lugar o vindeiro martes 1 de outubro entre as 19:00 e as 20:30 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
]]>O vindeiro xoves 26 de setembro celebraremos un acto de apertura no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo no Berbés. Para iso contaremos coa presenza de profesionais do sector que traballan en empresas como Google, Red Hat así como en empresas locais.
A Asociación Tecnolóxica A Industriosa é unha das entidades colaboradoras co evento.
Máis información en https://2024.es.pycon.org.
Nesta ocasión Mercedes Rodríguez, Google developer Expert e organizadora de GalsTech vén introducirnos en Google Gemini e function calling.
Veremos como utilizar a funcionalidade Function Calling de Gemini para entender que nos está pedindo o usuario e extraer da súa consulta a información necesaria para procesar a súa petición, realizar a xestión e devolver a resposta no formato adecuado.
Para iso, utilizaremos o lab que Google pon ao dispor Introduction to Function Calling with Gemini.
O taller é completamente gratuíto, o único que necesitarás será, coñecementos básicos de Python e un portátil. Todo o demais facilitarémoscho unha vez inscríbasche.
Esta segunda sesión terá lugar o vindeiro xoves 12 de setembro entre as 19:00 e as 20:30 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
]]>O equipo de robots sigueliñas de A Industriosa está a organizar a terceira sesión dos talleres para o desenvolvemento dun firmware destinado á competición na categoría de velocistas da OSHWDem, elaborado no linguaxe Rust. Xa está aberto o prazo de inscripción na OSHWDem
O sábado 20 de xullo, levarase a cabo na sede da asociación a cuarta sesión, na que se fará un repaso dos temas tratados nas sesións anteriores (se non puidestes asistir estades a tempo de apuntarvos ;) ) e se elixirá un novo tema para seguir a traballar na implementación do firmware. O formato da sesión será de tipo programación en equipo ou “mob programming”, no que todos os participantes contribuirán en debates e colaborarán na toma de decisións da implementación.
Os asistentes deberán traer un ordenador portátil con sistema operativo Linux no que poder instalar as ferramentas para programar en Rust. As placas, programadores e demáis hardware necesario para os talleres serán proporcionados por A Industriosa.
Tanto o deseño da placa que se empregará como un proxecto básico do firmware se poden atopar no Github de A Industriosa:
https://github.com/aindustriosa/RustyBugA-board
https://github.com/aindustriosa/RustyBugA
Esta segunda sesión terá lugar o vindeiro sábado 10 de agosto entre as 11:00 e as 13:00 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
]]>O equipo de robots sigueliñas de A Industriosa está a organizar a sexta sesión dos talleres para o desenvolvemento dun firmware destinado á competición na categoría de velocistas da OSHWDem, elaborado no linguaxe Rust. Xa está aberto o prazo de inscripción na OSHWDem
O sábado 20 de xullo, levarase a cabo na sede da asociación a cuarta sesión, na que se fará un repaso dos temas tratados nas sesións anteriores (se non puidestes asistir estades a tempo de apuntarvos ;) ) e se elixirá un novo tema para seguir a traballar na implementación do firmware. O formato da sesión será de tipo programación en equipo ou “mob programming”, no que todos os participantes contribuirán en debates e colaborarán na toma de decisións da implementación.
Os asistentes deberán traer un ordenador portátil con sistema operativo Linux no que poder instalar as ferramentas para programar en Rust. As placas, programadores e demáis hardware necesario para os talleres serán proporcionados por A Industriosa.
Tanto o deseño da placa que se empregará como un proxecto básico do firmware se poden atopar no Github de A Industriosa:
https://github.com/aindustriosa/RustyBugA-board
https://github.com/aindustriosa/RustyBugA
Esta segunda sesión terá lugar o vindeiro sábado 20 de xullo entre as 11:00 e as 13:00 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
]]>Nesta charla de sensibilización ambiental exponse a problemática dos residuos plásticos, como afecta isto ao noso planeta e a nosa saúde… ademais de ensinar as propiedades dos plásticos e as súas aplicacións e explicación do proceso de reciclaxe.
Estrutura da actividade
• Introdución, presentación de Aventura Plástica, breve explicación do proceso de reciclaxe.
• O plástico como material, cantidade de plástico que xeramos/consumimos, tempo de uso vs. tempo de degradación, residuos e sistemas de xestión, degradación do plástico, microplásticos e o seu impacto na nosa saúde e no medio ambiente.
• Posibles solucións: Reducir, Reutilizar, Reciclar.
• Tipos de reciclaxe: Primario, Secundario e Terciario.
• Tipos de plásticos: móstrase unha a unha as 7 categorías principais de plásticos e explícanse as súas propiedades, aplicacións, diferenzas, beneficios e riscos.
• Proceso de reciclaxe: explicación detallada de como é todo o proceso desde a recollida, limpeza, selección e separación por tipos, transformación de pellet a obxecto e diferenzas entre os distintos procesos; inxección vs. compresión.
Esta charla terá lugar o vindeiro sábado 6 de xullo entre as 11:30 e as 12:30 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
]]>A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.
Que imos facer nesta sesión?
Imos atrevernos cun exercicio de código co que aprender a facer refactor sen afectar os nosos tests, mediante técnicas de cambio paralelo.
https://github.com/unclejamal/parallel-change
Anímasche a facelo coa técnica de Test && Commit || Revert?
Se tes un IDE de JetBrains aquí tes un plugin que che axudará:
https://plugins.jetbrains.com/plugin/7655-limited-wip
Ou un destes scripts:
https://github.com/islomar/tcr-workshop
Que tes que traer
Esta vez con que veñas é suficiente. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10.
Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
]]>Tamén aprenderemos a usar Audacity para analizar arquivos de música e a optimizar varias ferramentas libres para reproducir arquivos Hi-Res.
É recomendable traer o teu portátil ao taller e ter Audacity instalado nel, ademais de auriculares para non molestar ao resto dos participantes durante as prácticas.
Público obxectivo:
Todas as pesonas ás que lle guste escoitar música e gusten de espremer ao máximo os seus equipos e aplicacións, para conseguir a mellor calidade sonora.
Jorge Lama é membro de varios colectivos relacionados co mundo do software libre e a cultura libre.
Gústame a tecnoloxía e a música, e gozo utilizando tecnoloxías libres.
Tamén me gusta dar charlas e talleres, tentado dar a coñecer estes mundos.
Levo máis de 10 anos producindo podcast, polo que teño coñecemento en temas de gravación e edición de son, así como de micrófonos, interfaces de son, altofalantes e outro tipo de cacharros (amplificadores, ecualizadores, crossovers, #etc).
Son coordinador do Banco de reciclaxe electrónica na Coruña de Enxeñería Sen Fronteiras, onde preparamos equipos usados con software libre e doámolos a través de diferentes entidades.
Esta charla/obradoiro terá lugar o vindeiro sábado 13 de xullo entre as 11:00 e as 13:30 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
]]>Introducción a fsspec por David de la Iglesia Castro
David falaranos de fsspec, un proxecto enfocado a proporcionar unha API pythonic consistente coa que interactuar cos sistemas de ficheiros, do mesmo xeito, independentemente do backend de almacenamento.
Lightning Talks
Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Máis información en python-vigo.
]]>A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.
Que imos facer nesta sesión?
Esta vez retomaremos os exercicios de código, introducindo unha kata coa que practicar a aplicación de principios SOLID.
https://github.com/emilybache/Racing-Car-Katas

]]>