Panel de logos de patrocinadores e colaboradores interactivo, construidos mediante ferramentas de fabricación dixital (Impresión 3D, corte laser, CNC…)
Durante este ano un dos proxectos propostos foi a elaboración dun novo panel de patrocinadores, intentando empregar todos os medios disponibles na Industriosa.
A idea era facer un panel interactivo de logos que se poidese integrar co Home Assistant do local, e usalo tamben de sinalítica.
A parte electrónica usamos tiras de led RGB de 5V coa idea que mediante sinxelas circuitos con un microcontrolador controlar cada panel.
Para empezar o deseño da base foi elaborada con InkScape.
Partindo los vectores modelamos nun programa de 3d mediante ferramentas de extrusión e operacións boleanas as bases e soportes los leds.
Con mesmo SVG sacamos os soportes dos leds de cada logo, deixando unha marxe para colocar as luces.
A maioria dos elementos foron impresos en 3d, dende as bases con PLA negro e as partes translucidas en PLA blanco con apenas 2 capas de recheo.
Para o deseño das pcbs, usamos o kicad, facendo unha sinxela placa cun Atiny412, dos saidas para duas tiras leds, toma de corrente e I2C, así como pin para programalos por UPDI
- Placas de Circuito de PCB FR1 Amazon
- Fresa 0.4 End Mill -> 1/32 -> 0,4 MM -> TRACES Aliexpress
- Fresa 0.8 End Mill -> 1/64 -> 0,8 MM -> CUT Aliexpress
Compoñente | Unidades | Código | Tenda | Footprint |
---|---|---|---|---|
ATtiny412 | 1 | ATTINY412-SSF-ND | Digikey | SOIC-8_3.9x4.9mm_P1.27mm |
Cap 10 uF | 1 | GRT31CC8YA106ME01L | Digikey | C_1206 |
Res 0 Ohms | 1 | RC1206FR-070RL | Digikey | R_1206 |
Res 499 Ohms | 1 | RC1206FR-07499RL | Digikey | R_1206 |
LED RED | 1 | 1516-1076-1-ND | Digikey | LED_1206 |
Connector 1x03_P2.54mm_Horizontal | 3 | S1143E-36-ND | Digikey | PinHeader_1x03_P2.54mm_Horizontal_SMD |
Connector 2x10_P2.54mm_Vertical | 3 | 20021121-00010T1LF | Digikey | PinHeader_1x03_P2.54mm_Horizontal_SMD |
Unha vez tiñamos o deseño da PCB exportamos a SVG a capa frontal e a capa de corte, para mediante GIMP xerar os png para facer of gcode con ModsProject.
Unha vez xerados os gcode, nunha CNC 3018 da asociación, usando o UGS fabricamos as placas.
Unha vez fabricado o primeiro prototipo, mediante Arduino IDE empezamos a programar o funcionamento los LEDs.
Para programar o Atiny412 a libraría megaTinyCore, que inclue control de NeoPixel
Debido o limite de memoria para usar más de 50 led, fixemos no código duas funcións onde despois de encender unha tira dun pin, liberamos a memoria, para encender os outros leds.
Con corte laser cortamos o panel en chopo de 3mm.
Proxecto patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica